Saúda institucional

En nome do Consello Galego de Cámaras, e no meu propio, quero darlles a benvida á nosa páxina web.


O Consello Galego, é unha corporación de dereito público creada pola Lei 5/2004, de 8 de xullo, de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Galicia, como organismo de representación, relación e coordinación das nove cámaras galegas, e como organismo consultivo e colaborador da Xunta de Galicia.

O Consello, e as Cámaras galegas, temos como obxectivo xeneral, defender de forma global e integrada os intereses do comercio, da industria e da navegación en Galicia. Pretendemos ser dinamizadores da economía galega e do tecido empresarial, dar resposta ás demandas que a sociedade expón, fomentar o emprendimiento e a creación de empresas, prestar servizos que contribúan a mellorar a competitividade e a internacionalización das nosas empresas.


Así mesmo, somos un interlocutor válido e un fío condutor ante as Administracións Públicas, especialmente ante a Xunta de Galicia, colaborando, propondo cantas actuacións e medidas sexan necesarias para conseguir os obxectivos marcados, o noso coñecemento do sector económico e empresarial aválannos.

Esperamos e desexamos que esta web, e o equipo de traballo desta institución, configuren unha ferramenta eficaz na difusión do importante labor que realizan as Cámaras galegas e que contribúa a achegar o traballo e os servizos que as nosas entidades realizan en toda Galicia.



José García Costas

Presidente do Consello Galego de Cámaras

© Consello Galego de Cámaras

C/ San Pedro de Mezonzo, 44- Bajo, 15702 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 596 120 Fax: 981 590 322

[email protected]